De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non poidan practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido as persoas interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 10 de abril de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
| Interesado/a | Nº expediente | Acto que se notifica | Concello | 
| 76515921G | IN635A 2018/153-1 | Resolución | Ribeira | 
| 76458848V | IN635A 2019/1-1 | Alegacións | Santiago de Compostela | 
| 32658405S | IN635A 2018/212-1 | Alegacións | Ferrol | 

 
					
