Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de abril de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-CO-0347/2017-ORS.

Intentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitou no seu día.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O prazo para presentar alegacións será de quince (15) días, que empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. O expediente relacionado a seguir está á disposición da persoa interesada na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono 881 99 71 77).

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0347/2017-ORS

53485134Z

Audiencia por revogación

Travesía Igrexa, 12, Portosín, 15999 Porto do Son, A Coruña