Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20372

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 22 de abril de 2019 pola que se incrementa o importe das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2019.

Mediante a Orde do 15 de abril de 2019 (DOG do 5 de marzo), a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2019.

O artigo terceiro desta orde establece que o importe que se distribuirá nesta convocatoria será de sesenta mil euros (60.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 10.30.423A.481.0 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Non obstante, tamén establece que o importe destas axudas poderá incrementarse se, antes da publicación da resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia, se recibise outra transferencia do Ministerio de Educación e Formación Profesional para esta mesma finalidade.

Recibida a mencionada transferencia do Ministerio de Educación e Formación Profesional, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

Incrementar a contía das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial en trece mil seiscentos corenta e sete con sesenta e nove céntimos (13,647,69 €), co que resulta un orzamento total a distribuír nesta convocatoria de axudas de setenta e tres mil seiscentos corenta e sete con sesenta e nove céntimos (73.647,69 €), de acordo co establecido no artigo terceiro da Orde do 15 de febreiro de 2019 (DOG do 5 de marzo).

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional