Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20623

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de proceso selectivo de cinco prazas de axente de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 91, do 22 de abril de 2019, publicáronse integramente as bases que deben rexer o proceso para seleccionar cinco funcionarios axentes de policía local, tres por oposición libre e dous pola quenda de mobilidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.

Ribadavia, 22 de abril de 2019

José Ignacio Gómez Pérez
Alcalde