Notifícaselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona, anexo I, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781, Santiago de Compostela), a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º, de Ourense.
Ourense, 8 de abril de 2019
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº expte. |
Nº acta infracción |
Nome/razón social |
NIF/CIF |
Último domicilio coñecido |
Data resolución |
Importe sanción |
20/2019 |
I322018000025895 |
Iago Ananín Blanco |
44478811P |
R/ Río Covas, 11 32001 Eiroás (Ourense) |
25.3.2019 |
1.000,00 € |