De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 27 de marzo de 2019 do proxecto dun centro para valorización de residuos de construción e demolición e almacenamento de residuos non perigosos no parque empresarial de Rianxo, no concello de Rianxo (A Coruña), promovido por Hermanos Miguens Rial, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático