De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 27 de marzo de 2019 do proxecto dun centro de tratamento de vehículos ao final da súa vida útil no polígono empresarial de Chorente, no concello de Allariz (Ourense), promovido pola empresa Chatarrería Viana, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático