Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21163

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas B4b01d e B4b01e do parque empresarial da Sionlla.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 10 de abril de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle das parcelas B4b01d e B4b01e do parque empresarial da Sionlla, segundo o proxecto refundido presentado o 2 de abril de 2019 por Financiera Maderera, S.A., asinado polo equipo técnico IDOM Consulting.

As parcelas emprázanse nas rúas de Castela e León (nº 63) e de Murcia (nº 2), e figuran no Catastro coas referencias catastrais 1112802NH4511A0000IF e 1112801NH4511A0000XF, respectivamente.

Con carácter previo ao inicio das obras, deberase obter a autorización do organismo autónomo Augas de Galicia.

Este acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa e ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á
Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais