Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 4 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2013/0087).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase á persoa mencionada no anexo a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia xa que, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

A resolución foi ditada pola persoa titular da xefatura territorial.

O texto íntegro do acto que se notifica, xunto co seu respectivo expediente, atópanse á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Esta resolución non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 4 de abril de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/outro

Acto notificado

LU-2013/0087

Y3291706Y

Resolución de cancelación da inscrición