Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 8 de abril de 2019 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea F.C.III.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da batea F.C.III e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 14 de marzo de 2019, Victoria Eugenia Pouso Sánchez e José Romero Alende solicitaron autorización para transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea F.C.III a favor de María Yolanda Romero Pouso.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidenia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de María Yolanda Romero Pouso (***7030**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: F.C.III.

Localización:

Cuadrícula nº: 115.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 21.11.1958.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuales titulares: Victoria Eugenia Pouso Sánchez (***0700**) e José Romero Alende (***9573**).

Nova titular: María Yolanda Romero Pouso (***7030**).

A nova titular da concesión administrativa queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 8 de abril de 2019

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña