Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21306

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (702/2018).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia da xunta de compensación do polígono 2, sector 21, do Plan xeral de ordenación, fronte a J. Moreiras Progreso, C.B., se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza:

Ourense, 11 de febreiro de 2019.

Vistos por Águeda Rodríguez Domínguez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, os autos de xuízo verbal nº 702/2018, sobre reclamación de cantidade.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito:

Resolución:

Estimo a demanda formulada pola xunta de compensación do polígono 2, sector urbano 21, do Plan xeral de ordenación urbana de Ourense, contra J. Moreiras Progreso, C.B., e condeno a parte demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de dous mil novecentos trinta euros con corenta e un céntimos de euro (2.930,41 euros), máis os xuros legais devindicados desde a interposición da demanda ata o completo pagamento en relación coa contía debida.

As custas impóñenselle a J. Moreiras Progreso, C.B.

Esta resolución é firme; contra ela non cabe interpor recurso (artigo 455 da LAC).

Así, por esta miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos, quedando o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E ao estar a dita demandada, J. Moreiras Progreso, C.B., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 2 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza