Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21308

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 33/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no procedemento seguido por instancia de María Carolina Castro López contra Hidrodomus, S.L.L. e Paula Tobío Vigo, en reclamación de cantidade, rexistrado co número de procedemento ordinario 33/2017, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar, como parte demandada, Hidrodomus, S.L.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 14 de maio de 2019 ás 10.25 horas, na panta baixa, sala de vistas, do edificio dos Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Hidrodomus, S.L.L., expídese este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza