Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21430

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 29 de abril de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2018 (DOG núm. 82, do 27 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, adoptou os seguintes

ACORDOS:

Primeiro. Realizar a publicación da cualificación do cuarto exercicio da fase de oposición, que foi convocado mediante a Resolución deste tribunal do 15 de abril (DOG núm.  77, do 23 de abril), modificada pola Resolución deste tribunal do 23 de abril (DOG núm. 79, do 25 de abril), para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial. A cualificación resultante, logo da corrección do citado exercicio, é a seguinte:

Apelidos e nome

NIF

Valoración

Martín Madroño, David

***5972**

Apto

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas no cuarto exercicio do devandito proceso selectivo no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, a persoa aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas con relación á puntuación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019

Blanca Nieves Miranda Blanco
Presidenta do tribunal