Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21470

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 277/2018).

Execución de títulos xudiciais 277/2018

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 584/2018

Sobre despedimento

Demandante: Laura Cadorniga Regueira

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandados: Fogasa, María del Mar Iglesias Penedo

Avogado/a: letrado de Fogasa, Laura Otero Rodríguez

Declaración de insolvencia

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 277/2018, por instancia de Laura Codorniga Regueira contra a executada Mª del Mar Iglesias Penedo, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 10 de abril de 2019 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total, por importe de 6.500 euros de principal, máis 650 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza