Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle na Farixa.

Anuncio de aprobación definitiva do estudo de detalle referido ás parcelas con referencias catastrais 32076A00100151, 32076A00100149 e 32076A00100148 do núcleo da Farixa, co obxecto de reaxustar aliñacións, o que se publica para os efectos dos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do seu regulamento.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 3 de abril de 2019, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle referido ás parcelas con referencias catastrais núm. 32076A00100151, 32076A00100149 e 32076A00100148 do núcleo da Farixa que desenvolve as determinacións e previsións do plan co obxecto de reaxustar as aliñacións na fronte das parcelas para que a instalación de bombeo existente se manteña en terreos de propiedade municipal pertencentes á vía pública, redactado polo equipo técnico de Catoure, S.L., quedando extinguida a suspensión de licenzas.

Segundo. Publicar o Acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificar o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo da aprobación de estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.

Quinto. Facultar o alcalde para subscribir e asinar toda clase de documentos e en xeral para todo o relacionado con este asunto.

Contra o presente acordo interporase recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

San Cibrao das Viñas, 26 de abril de 2019

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde