Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 9 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 11 de febreiro de 2019 mediante a cal se resolve o expediente sancionador en materia de xogo L-14/18.

O día 11 de febreiro de 2019, o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou un acordo co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á persoa interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para o coñecemento íntegro da mencionada resolución, e deixar constancia de tal coñecemento.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: L-14/18.

DNI do/da imputado/a: 33551151Q.

Último enderezo coñecido: rúa Gregorio Fernández, 19, Sarria (Lugo).

Data da resolución: 11 de febreiro de 2019.

Tipificación e precepto infrinxido: leve; artigo 54.2 do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia.