Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, do acordo de ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da LMT 30 kV evacuación PE de Cadeira (expediente IN408A/2017/36).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da LMT 30 kV evacuación PE de Cadeira, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 17 de abril de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN408A/2017/36.

Denominación: LMT 30 kV evacuación PE de Cadeira.

Requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación.

Predio

Polígono

Parcela

Propietario

18

26

921

Abel Valiña Ferreira