Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21638

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (403/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 685/2018 por instancia de Filomena Ferreiro Núñez contra Muñeca Tendencias, S.L. e Creaciones Marijose, S.L. sobre DSP, nos cales se ditou sentenza en data 20 de febreiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Sentenza:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Filomena Ferreiro Núñez fronte a Creaciones Marijose, S.L. e Muñecas Tendencias, S.L., e estímase a excepción de falta de lexitimación pasiva oposta por esta última, e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado polas demandada Creaciones Marijose, S.L. á demandante.

– Absólvese a Muñecas Tendencias, S.L. das pretensións fronte a ela exercidas.

– Condénase a Creaciones Marijose, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.442,10 euros. O aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo e, no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 34,96 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignada a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando realizando audiencia pública. Dou fe.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Creaciones Marijose, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza