Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21642

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (307/2017-MA).

Eu, Rosana Coral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 307/2017 por instancia de María Teresa Cacho Varela contra Deus Creaciones, S.L. e outros sobre DSP, nos cales se ditou sentenza en data 2 de abril de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Sentenza.

Estímanse parcialmente as demandas interpostas por María Teresa Cacho Varela fronte a Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Bendita Costura, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Fraga, S.L. y Confecciones Ideal, S.L., así como os administradores concursais das empresas Deus Creacciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase extinguida na data da presente resolución a relación laboral.

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos do 3 de abril de 2017.

– Absólvese a Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L. das pretensións fronte a ela exercidas.

– Condénanse as empresas Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Bendita Costura, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Fraga, S.L. y Confecciones Ideal, S.L. a aboarlle solidariamente á traballadora a cantidade de 7.336,81 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, a cantidade de 27.258,81 euros, en concepto de salarios de tramitación e a cantidade de 5.943,97 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento. As ditas cantidades devindicarán o 10 % de xuros moratorios e tales cantidades vincularán os administradores concursais das empresas Deus Creacciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e farase constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando realizando audiencia pública. Dou fe.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Deus Creaciones, S.L. e outros, expido e asino a presente.

A Coruña, 11 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza