Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21626

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos das probas do proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliar de policía local.

Con data do 3 de abril de 2019 o DOG fixo pública a Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se convocaba o proceso selectivo unitario para a cobertura de 147 postos de auxiliares de policía local. Finalizado o prazo de solicitudes e de acordo co expresado na devandita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo unitario para a cobertura de 147 postos de auxiliares de policía local convocados pola Orde do 25 de marzo de 2019 (DOG núm. 65, do 3 de abril).

A listaxe provisional de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal.

A listaxe provisional de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de cinco días, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán excluídos definitivamente.

Así mesmo, os aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

A Estrada, 2 de maio de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Apelidos

Nome

Motivo da exclusión

Calvo Bernárdez

Pablo

1

Gamallo Pereiras

Marta

1

Martínez Gundín

Miguel

1

Nunes Silva Lourenço

Hellon

2

Posse Arca

María de la Paz

1

Rodríguez López

Abelardo

1

Causas da exclusión:

1. Non pagou a taxa.

2. Non é español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.