Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21904

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 15 de abril de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para postos de auxiliares da policía local.

Unha vez convocado o proceso selectivo unitario para postos de auxiliares de policía local mediante a Orde do 25 de marzo de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 65, do 3 de abril, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta vicepresidencia e consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para postos de auxiliares de policía local, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Proceso selectivo unitario para a selección de postos de auxiliares de policía local, dos concellos e coas características que se definen nas bases da convocatoria (DOG núm. 65, do 3 de abril de 2019)

Tribunal titular:

Presidencia:

Juan Carlos Carballal Paradela.

Maxistrado do Xulgado de Instrución número 2 de Vigo.

Secretaría:

Patricia Roiloa Rodríguez, xefa do Servizo de Xestión Económica e de Persoal e Habilitación do Consello Consultivo de Galicia.

Vogais:

Diego Negral Fernández, policía local do Concello de Culleredo.

Begoña del Río Martínez, policía local do Concello de Santiago de Compostela.

Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Tribunal Suplente:

Presidencia:

María Ramos Canosa.

Fiscal da Fiscalía da Área de Vigo.

Secretaría:

Mª Dolores Veiga Gondelle, xefa do Servizo de Xestión de Persoal da Dirección Xeral da Función Pública.

Vogais:

Francisco Carro Rey, oficial policía local do Concello de Cambre.

Ana María Pajaro Lago, policía local do Concello de Santiago de Compostela.

Roberto Pérez Fonte, xefe Sección de Formación en Seguridade Pública da Agasp.