Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21902

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 3 de maio de 2019 para dar cumprimento ao previsto no ordinal quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central (Boletín Oficial del Estado número 74, do 28 de marzo), de interpretación do artigo 66 da LOREG no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral (Corporación de Radio Televisión de Galicia).

En cumprimento do previsto no ordinal quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da LOREG no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia da comunicación do director xeral da Corporación de Radio Televisión de Galicia, do 3 de maio de 2019, en relación co Plan de cobertura dos medios de comunicación públicos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, Televisión de Galicia e Radio Galega, relativo ás eleccións convocadas para o 26 de maio de 2019 (eleccións ao Parlamento Europeo e eleccións locais), que inclúe a previsión de debates e entrevistas que se realizarán coas forzas políticas e que emitirán por ambos os medios, con indicación da data e hora de emisión, entidades políticas ás cales se convida e a súa duración, e os programas específicos de natureza electoral.

De conformidade co establecido na mencionada instrución, as entidades políticas afectadas poderán examinar a dita programación nas dependencias desta xunta electoral provincial, no prazo preclusivo dun día desde a publicación do acordo, e formular as reclamacións ou os recursos que consideren pertinentes.

Así mesmo, independentemente do anterior, acórdase notificar os representantes das candidaturas proclamadas con dereito a emisión, vía correo electrónico e con remisión do plan, co fin de que poidan ter coñecemento del e, de ser o caso, formular as reclamacións ou recursos que consideren oportunos no indicado prazo dun día, contado desde a publicación do acordo no DOG.

O presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da LOREG e no ordinal quinto da referida Instrución 4/2011.

A Coruña, 3 de maio de 2019

Lorenzo Villalpando Lucas
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña