Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 8 de maio de 2019 Páx. 22031

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2019 (SI435B, SI435A, SI427B e SI435C).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2019, a través da Resolución do 28 de decembro de 2018 (DOG número 28, do 8 de febreiro), subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade a través dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B).

d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (SI435C).

O artigo 11 da Resolución do 28 de decembro de 2018, que establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes, indica que a presentación das solicitudes se realizará obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Así mesmo, no artigo 12 determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria pola unidade administrativa encargada da tramitación e a instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

De conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o artigo 14 da citada resolución de convocatoria establece que, se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, requirirase a entidade solicitante para que nun prazo de dez (10) días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, o segundo parágrafo do artigo 14.1 da Resolución do 28 de decembro de 2018 establece que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, do 1 de outubro, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Así mesmo, os requirimentos tamén se publicarán na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución (anexo: requirimentos de emenda de documentación, SI435B, SI435A, SI427B e SI435C).

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se darán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 desta mesma lei.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal, ou dos teléfonos indicados no artigo 27 da resolución de convocatoria (procedementos SI435B e SI435C: 981 54 53 12; procedemento SI435A: 881 99 91 63; procedemento SI427B: 981 54 53 69), ou presencialmente.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2019

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Requirimentos de emenda de documentación

(SI435B, SI435A, SI427B e SI435C)

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).

Nº de expte.

Entidade solicitante

NIF

Documentación requirida

SI435B 2019/16

Concello de Vilardevós

P3209200I

1. Anexo III. Punto 4. Medios materiais. Punto 5. Ampliar información do monitorado imputado: perfil, funcións, período de inicio e fin da contratación, así como o número de horas dedicadas ao programa. Punto 6. A desagregación dos custos directos do persoal contratado non coincide co total de gastos directos de persoal.

SI435B 2019/22

Concello de Valga

P3605600J

1. Anexo I.1. Indicar se teñen Concellaría de Igualdade e se se compromete a colaborar coas actuacións da SXI.

SI435B 2019/33

Concello de Vilasantar

P1509100B

1. Anexo I.1. Indicar se teñen Concellaría de Igualdade e se se compromete a colaborar coas actuacións da SXI.

2. Anexo III. Punto 1.2. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos.

SI435B 2019/36

Mancomunidade Terra de Celanova

P8202502D

1. Anexo I.1. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal).

2. Anexo III. Punto 1.2. O número de proxenitores desagregados por sexo, computarase soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela.

SI435B 2019/42

Concello de Arzúa

P1500600J

1. Anexo I.1. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal).

2. Anexo II. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal).

3. Anexo III.

SI435B 2019/54

Concello de Baralla

P2703600C

1. Anexo I.1. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal). Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada.

2. Anexo II.

3. Anexo III. Aclarar o número de participantes. Punto 1.2. Número de proxenitores desagregados por sexo, computarase soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela.

SI435B 2019/62

Concello de Teo

P1508300I

1. Anexo I.1. O total dos custos directos de persoal non pode ser superior a 40.000 euros. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada. Aclarar a contía dos ingresos como consecuencia das taxas de inscrición.

2. Anexo II. O total dos custos directos de persoal non pode ser superior a 40.000 euros. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada.

3. Anexo III. Punto 6. Aclarar a desagregación dos custos directos de persoal para cada unha das persoas contratadas para o desenvolvemento da actividade en relación co anexo I e anexo II.

SI435B 2019/65

Concello de Valdoviño

P1508800H

1. Anexo I.1. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal). Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada.

2. Anexo II. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal). Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada.

3. Anexo III.

SI435B 2019/69

Concello de Catoira

P3601000G

1. Anexo II.

2. Anexo III.

SI435B 2019/70

Concello de Redondela

P3604500C

1. Anexo III (todas as actividades da medida recolleranse nun único anexo).

SI435B 2019/72

Concello de Barbadás

P3200900C

1. Anexo I.1. Aclarar a contía solicitada (máximo 12.000 euros).

2. Anexo II. Aclarar a contía solicitada (máximo 12.000 euros).

3. Anexo III. Punto 1.2. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos.

SI435B 2019/87

Concello de Boiro

P1501100J

1. Anexo I.1. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada.

SI435B 2019/89

Concello de Ortigueira

P1506200C

1. Anexo III. Aclarar o número de participantes.

SI435B 2019/90

Concello de Rianxo

P1507300J

1. Anexo II. Aclarar a contía total dos custos directos de persoal (debe de coincidir co indicado no anexo I e III).

SI435B 2019/94

Concello do Pino

P1506700B

1. Anexo I.1. Indicar se teñen Concellaría de Igualdade e se se compromete a colaborar coas actuacións da SXI.

2. Anexo III. Incompleto, falta punto 1.2. Persoas participantes.

SI435B 2019/98

Concello das Neves

P3603400G

1. Anexo I.1. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada.

2. Anexo II (asinado polo representante do concello).

3. Anexo III. Punto 1.2. O número de proxenitores desagregados por sexo, computarase soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 2. Falta indicar a persoa responsable do concello da medida solicitada.

SI435B 2019/99

Concello de Vilanova de Arousa

P3606100J

1. Anexo I.1. Indicar se teñen Concellaría de Igualdade e se se compromete a colaborar coas actuacións da SXI.

2. Anexo III. Punto 1.2. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos. Punto 2. Falta indicar a persoa responsable do concello da medida solicitada.

SI435B 2019/103

Concello de Ponte Caldelas

P3604300H

1. Anexo I.1. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal).

2. Anexo II. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal). Falta a data do acordo polo que solicita a axuda.

3. Anexo III. Punto 1.2. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos e número de proxenitores desagregados por sexo, computarase soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela.

SI435B 2019/104

Concello de Ribadumia

P3604600A

1. Anexo III. O número total de persoas participantes non pode ser inferior a dez. Punto 1.2. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos.

SI435B 2019/105

Concello de Melón

P3204700C

1. Anexo III. Aclarar o número de participantes. Punto 1.2. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos e número de proxenitores desagregados por sexo, computarase soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 5. Ampliar a información dos medios persoais. Punto 7. Indicar o número de horas das actividades realizadas nos dous últimos anos.

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (SI435A).

Nº de expte.

Entidade solicitante

NIF

Documentación requirida

2019/002

Concello da Guarda

P3602300J

1. Anexo II. Indicar a denominación da medida solicitada. (Debe ser a mesma que a que aparece no anexo III).

2019/004

Concello de Coirós

P1502700F

1. Anexo III. Só se presenta un anexo III por medida solicitada. Refundir os tres anexos III que presenta no programa Violeta nun só anexo III con 3 actuacións singularizadas e independentes con substantividade propia polo seu contido e temporalización. Pódese incorporar unha memoria adicional ao anexo III para unha mellor descrición das diferentes actuacións.

2019/005

Concello de Monforte de Lemos

P2703100D

1. Anexo III. No anexo III a denominación da medida ou programa debe ser a mesma que aparece no anexo II (liñas encarnadas). E dentro dela poden recollerse diferentes actuacións singularizadas e independentes con substantividade propia.

2019/007

Concello de Vigo

P3605700H

1. Anexo III. Aclarar relación de participantes desagregados en cada unha das actuacións.

2019/011

Concello de Vilanova de Arousa

P3606100J

1. Anexo I.2. Marcar puntos 3.12 (indicar se conta cunha Concellaría de Igualdade) e 3.13 (indicar se se compromete a colaborar coa SXI).

2. Anexo III. No punto 1 descrición: indicar a duración (datas previstas de inicio e finalización; horario).

No punto 2. Sistema de organización, xestión e seguimento. Persoa responsable.

2019/012

Concello de Ortigueira

P1506200C

1. Anexo I.2. Cubrir os puntos 3.12 (indicar se conta cunha Concellaría de Igualdade) e 3.13 (indicar se se compromete a colaborar coa SXI).

2019/013

Concello de Guitiriz

P2702200C

1. Anexo I.2. Cubrir puntos 3.12 (indicar se conta cunha Concellaría de Igualdade) e 3.13 (indicar se se compromete a colaborar coa SXI).

2. Anexo III. No punto 1. Descrición. As medidas están dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero e as/os seus fillas/os e persoas delas dependentes.

No punto 1.2. Persoas participantes: o perfil das persoas participantes (artigo 7) son mulleres en situación de vulnerabilidade.

2019/014

Concello de Gondomar

P3602100D

1. Anexo II. Cubrir o recadro coa denominación da medida ou programa solicitada.

2. Anexo III. No punto 1.1. Contido. Aclarar datas de inicio e finalización das actuacións e as horas dedicadas estas.

Contía achegada pola Concellaría de Cultura e Deporte.

2019/015

Concello de Arzúa

P1500600J

1. Anexo I.2. A contía solicitada non pode ser superior ao custo directo de persoal.

2. Anexo II. Indicar a denominación da medida solicitada.

A contía solicitada non pode ser superior ao custo directo de persoal.

3. Anexo III. Aclarar o número de participantes en cada obradoiro.

No punto 1. Descrición do contido dos diferentes obradoiros.

No punto 1.2. Persoas participantes. O perfil das persoas participantes (art. 7) son mulleres en situación de vulnerabilidade (non as mulleres empadroadas no concello).

No punto 2. Aclarar a/as persoa/as do concello responsables da xestión e seguimento.

2019/016

Concello de Vedra

P1509000D

1. Anexo II. Cubrir o recadro Denominación da medida solicitada.

2. Anexo III. No punto 1.1. Contido. Concretar máis as datas de inicio e fin das actividades. Número de sesións. Duración delas.

2019/018

Concello de Boiro

P1501100J

1. Anexo III. Número de persoas participantes.

2019/022

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

1. Anexo I. Presenta e asina a solicitude da axuda a concelleira de Benestar Social. Acreditar a autorización da representación da concelleira de Benestar Social.

2. Anexo III. Non está asinado e falta a terceira folla.

No punto 6. Datos de actuación, desagregación dos custos directos de persoal (propio ou externo).

2019/023

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

P1500003G

1. Memoria de aforro de custos (art. 12.1.g).

2. Anexo III. No punto de datos da actuación. Aclarar o lugar de desenvolvemento da actividade. Aclarar a data de inicio e finalización.

No punto 5. Medios persoais: o persoal do CIM non é subvencionable (artigo 10.1.a), 4º parágrafo).

Aclarar perfil do persoal externo.

2019/024

Concello de Ames

P1500200I

1. Anexo I.2. Cubrir os puntos 3.12 (indicar se conta cunha Concellaría de Igualdade) e 3.13 (indicar se se compromete a colaborar coa SXI).

2. Anexo III. Concretar. No punto 1.1. Contido. Data de inicio e finalización das actuacións.

No punto 5. Medios persoais. Concretar o perfil das persoas que o imparten.

2019/026

Concello de Padrón

P1506600D

1. Anexo I.2. Aclarar contía solicitada, non pode ser superior ao custo directo de persoal.

2. Anexo II. Aclarar contía solicitada, non pode ser superior ao custo directo de persoal.

3. Anexo III. No punto 6. Desagregación dos custos directos de persoal. O importe que figura non se corresponde cos custos directos de persoal dos anexos I.2 e II.

2019/027

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

1. Anexo I.2. É unha xestión compartida polo que deberá acreditarse xunto coa solicitude que se cumpren os requisitos exixidos no artigo 5 das bases da convocatoria.

2. Anexo II bis. Falta (xestión compartida).

3. Anexo III. No punto 1.1. Contido. Facer unha pequena descrición do contido das actividades.

Concretar as datas das actividades (data de inicio e data de finalización) e a súa duración (horas).

2019/028

Concello de Teo

P1508300I

1. Anexo III. Só se presenta un anexo III por medida solicitada. Refundir os tres anexos III que presenta no programa Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero nun só anexo III, con 3 actuacións singularizadas e independentes con substantividade propia polo seu contido e temporalización. Pódese incorporar unha memoria adicional ao anexo III para unha mellor descrición das diferentes actuacións.

No punto de datos da actuación, concretar o lugar de desenvolvemento.

No punto 1.1. Descrición da actividade. As medidas están dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero e as súas fillas e fillos e as persoas delas dependentes.

Concretar data de inicio e finalización e o número de sesións.

2019/029

Concello de Santa Comba

P1507800I

1. Anexo II. Presentar con sinatura verificable.

2. Anexo III. Está sen asinar.

Indicar lugar de desenvolvemento e número de participantes.

2019/031

Concello de Pontevedra

P3603800H

1. Anexo I.2. Presenta e asina a solicitude da axuda a concelleira de Igualdade. Acreditar a autorización da representación da concelleira de Igualdade.

A contía solicitada non pode ser superior ao custo directo de persoal.

2. Anexo II. A contía solicitada non pode ser superior ao custo directo de persoal.

Denominación da medida solicitada.

2019/032

Concello de Cambados

P3600600E

1. Anexo II. Falta.

2. Anexo III. No punto 2. Sistema de organización, xestión e seguimento. Indicar a/as persoa/as responsable/s da xestión e seguimento da Concellaría de Igualdade.

2019/033

Concello da Peroxa

P3206000F

1. Anexo III. 1. Concretar lugar de desenvolvemento.

2019/036

Concello de Avión

P3200500A

1. Anexo I.2. A contía solicitada non pode ser superior ao custo directo de persoal.

2. Anexo III. No punto 2. Sistema de organización, xestión e seguimento. Persoa responsable. Concretar lugar de desenvolvemento.

2019/037

Concello de Fene

P1503600G

1. Anexo III. Só se presenta un anexo III por medida solicitada. Refundir os catro anexos III que presenta no programa Prevención da violencia de xénero nun só anexo III, con 4 actuacións singularizadas e independentes con substantividade propia polo seu contido e temporalización. Pódese incorporar unha memoria adicional ao anexo III para unha mellor descrición das diferentes actuacións.

2019/038

Concello de Soutomaior

P3605300G

1. Anexo II. Falta data do acordo da entidade local para solicitar a axuda.

2. Anexo III. O nome da medida non coincide literal nos anexos II e III.

No punto 1.1. Contido. Non cubriu: actuación, denominación, descrición, metodoloxía, duración e datas.

O punto 1.2. Perfil das persoas participantes, está sen cubrir.

2019/041

Concello de Tomiño

P3605400E

1. Anexo II. Non está asinado.

2. Anexo III. Non presenta o anexo en formato normalizado. Ten que presentar o anexo III co formato publicado no DOG (presenta unha memoria).

2019/042

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

1. Anexo I.2. Cubrir os puntos 3.12 (indicar se conta cunha Concellaría de igualdade) e 3.13 (indicar se se compromete a colaborar coa SXI).

2. Anexo II. Non presentou.

3. Anexo III. Só presentou a primeira das catro follas que conforman o anexo III.

2019/045

Concello de Melón

P3204700C

1. Anexo I.2. O importe do custo directo de persoal que solicita é de 60.000 euros (o artigo 7.3 recolle que o importe máximo dos custos de persoal que se poden presentar para optar a esta axuda é de 40.000 euros): ademais o importe non coincide co importe solicitado no anexo II (6.000 euros).

Cubrir os puntos 3.12 (indicar se conta cunha Concellaría de Igualdade) e 3.13 (indicar se se compromete a colaborar coa SXI).

2. Anexo II. Falta por cubrir a denominación da medida solicitada.

3. Anexo III. Non presentou.

C) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B).

Nº de expte.

Entidade solicitante

NIF

Documentación requirida

SI427B 2019/14

Concello de Ares

P1500400E

1. Anexos IV.2. En ambas as dúas fichas o gasto de persoal non é correcto, xa que non está calculado con base no custo unitario establecido na convocatoria. Por outro lado, na ficha correspondente ao posto de traballo de asesoramento xurídico non están cuberto o nome/razón social e NIF da persoa que ocupa o dito posto.

2. Como consecuencia do indicado no número 1 anterior, deberán rectificar os gastos de persoal segundo o custo unitario por horas efectivamente traballadas indicados nos anexos I.3 e IV.1.

SI427B 2019/35

Concello de Sarria

P2705700I

1. Acreditación de ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2017 ao Consello de Contas de Galicia.

SI427B 2019/42

Mancomunidade do Salnés

P3600041B

1. Memoria de aforro de custos: a presentada non está referida a todo o ámbito territorial do CIM.

SI427B 2019/57

Concello de Muros

P1505400J

1. Acreditación de que o convenio de colaboración para a xestión compartida do CIM asinado polo Concello de Muros e o Concello de Carnota segue en vigor.

SI427B 2019/74

Concello de Nigrán

P3603500D

1. Anexos IV.2. En ambas as dúas fichas o gasto de persoal non é correcto, xa que non está calculado con base no custo unitario establecido na convocatoria.

2. Como consecuencia do indicado no número 1 anterior, deberán rectificar os gastos de persoal segundo o custo unitario por horas efectivamente traballadas indicados nos anexos I.3 e IV.1.

SI427B 2019/79

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

1. Anexo IV.2. Correspondente ao posto de traballo de atención psicolóxica do CIM: na presentada o número de horas non está no formato exixido.

2. Anexo IV.2. Correspondente ao posto de traballo de axente de igualdade: a contía solicitada para o segundo período non coincide coa contía indicada nos anexos I.3 e II.

d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (SI435C).

Nº de expte.

Entidade solicitante

NIF

Documentación requirida

SI435C 2019/2

Concello da Coruña

P1503000J

1. Memoria descritiva do programa (modelo publicado na páxina web da SXI).

SI435C 2019/21

Concello de Bergondo

P1500800F

1. Anexo II (modelo da convocatoria).

2. Memoria descritiva do programa asinada.

SI435C 2019/29

Concello de Cambados

P3600600E

1. Memoria descritiva do programa (modelo publicado na páxina web da SXI).

SI435C 2019/56

Mancomunidade Comarca de Verín

P3200025I

1. Anexo II.

2. Memoria descritiva do programa asinada.

SI435C 2019/60

Concello de Maside

P3204600E

1. Anexo I.4. Indicar se teñen Concellaría de Igualdade e se se compromete a colaborar coas actuacións da SXI.

SI435C 2019/67

Concello de Monfero

P1505100F

1. Memoria descritiva. Punto.1. Identificación da medida.

SI435C 2019/75

Concello de Nigrán

P3603500D

1. O importe dos gastos derivados da realización da actuación non pode exceder 8.000 €.

SI435C 2019/95

Concello de Pontevedra

P3603800H

1. Acreditar a representación para actuar no nome do representante do concello.