Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22282

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 22 de abril de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se procede a dar publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca para a súa provisión, polo sistema de libre designación, un posto vacante de xefatura de persoal licenciado sanitario.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 130, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto vacante de xefatura de persoal de licenciado sanitario da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras que se relaciona no anexo desta resolución.

As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos e méritos, deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, sito no Edificio Santa María Nai do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, 3º andar, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da data de publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 22 de abril de 2019

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación

Servizo de atención primaria

Nº de prazas

Xefe/a de servizo

Allariz

1