Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican a varias interesadas as autorizacións administrativas previa e de construción, da declaración da utilidade pública, en concreto, así como da compatibilidade cun dereito mineiro, da liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II (expediente IN407A 2016/877-1).

Por Resolución do 21 de decembro de 2018, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción, declarouse a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro, da liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II, sita nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2016/877-1).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse a José Andrade Díaz, a Asociación Amigos e Amigas dos Bosques O Ouriol do Anllóns, María Blanco Pérez, Manuela Cundíns Senande, Manuela Díaz Lema, José Gacía Moreira, José García García, os herdeiros de Carmen Rellán Rama, os herdeiros de Jaime Olveira Salvado, José Luis Oliveira Teijeira, María Consuelo Lema Amado, Dolores Lema Pardiñas, Antonio Lema Suárez, Jesús López Pazos, Delfina Macías Pazos, Manuel Andrade Lema, Inocencia Martínez Rivera, Carmen Montes Lema, José Manuel Pérez Lema, Perfecto Pérez Riveira, Marcial Pérez Vázquez, Manuel Ramos Espasandín, Asunción Senande Ramos, Manuel SS Andrade, Florinda Vázquez, aos veciños de Coéns e José Vidal Pose para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas