Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 22 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do procedemento sancionador por infracción na orde social (expediente 34952912L/11/03/2019/2.1.B).

Intentada a notificación da comunicación do inicio do procedemento sancionador ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense pola que se acorda o inicio do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber, que segundo o disposto no punto 3 do artigo 37.bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, disponse de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) para formularen por escrito as alegacións que xulguen oportunas, documentalmente acreditadas ante a oficina de emprego de Verín, sita na avenida de Castela, 30-baixo, de Verín, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como para os efectos de coñeceren integramente o contido da comunicación de inicio ditada polo xefe territorial.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos interesados que, se transcorrido o dito prazo non achegan alegación en tempo e forma, ditará a correspondente resolución a Xefatura Territorial de Ourense, que dispón dun prazo de seis meses desde a data deste acordo para notificarlles a resolución pertinente.

Ourense, 22 de abril de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 34952912L/11/03/2019/2.1.B.

Persoa interesada: 34952912L.

Concello: Verín.

Precepto infrinxido: non devolver o xustificante de comparecer á oferta.

Contido da comunicación: comunicación por parte da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes ao dereito á prestación ou subsidio recoñecido.