Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22622

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 7 de maio pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas/excluídas e a lista de espera para cubrir prazas para a estadía e o tratamento dentro do programa de Benestar a través de talasoterapia 2019.

No Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 2 de abril de 2019, publícase a Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento dentro do programa de Benestar a través de talasoterapia 2019 e se procede á súa convocatoria. O número de prazas convocadas ascende a 362 e a súa distribución por talasos correspóndense co establecido no anexo IV da convocatoria. Do total de prazas convocadas resultan provisionalmente adxudicadas as seguintes:

Destinos

Datas e quendas

Núm. prazas
ocupadas

Hotel Talaxo Louxo ****

Illa da Toxa. Pontevedra.

Do 12 ao 17 de maio

20

Do 19 ao 24 de maio

10

Do 22 ao 27 de setembro

16

Do 20 ao 25 de outubro

20

Do 27 de outubro ao 1 de novembro

30

Do 3 ao 8 de novembro

30

Do 10 ao 15 de novembro

11

Do 17 ao 22 de novembro

26

Thalasso Cantábrico ****

Aloxamento Hotel****/Restaurante

Wellness Thalasso

Viveiro. Lugo

Do 12 ao 17 de maio

25

Do 19 ao 24 de maio

24

Do 26 ao 31 de maio

26

Do 22 ao 27 de setembro

26

Do 27 de outubro ao 1 de novembro

26

Do 3 ao 8 de novembro

26

Do 10 ao 15 de novembro

17

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 13.3 e 16 da referida Orde do 25 de marzo de 2019, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, tendo efectos de notificación. Tamén será publicada na paxina web da Consellería de Política Social no enderezo http://www.xunta.gal/politica-social.

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación da Resolución do 7 de maio de 2019 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e lista de espera para cubrir prazas nos talasos e quendas mencionados para o ano 2019 e na páxina web:

http://www.xunta.gal/politica-social

O texto completo non se publica no Diario Oficial de Galicia na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de 10 días hábiles para que as persoas interesadas que se acrediten como tal ou os seus representantes, comparezan para consultar a dita resolución nas dependencias da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social, Subdirección Xeral de Dependencia e Valoración da Discapacidade, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Segundo. A adxudicación de prazas vacantes con posterioridade á resolución realizarase, se for o caso, conforme o disposto no artigo 16 da orde de convocatoria.

Terceiro. A concesión da praza adxudicada provisionalmente queda condicionada á obriga por parte das persoas beneficiarias de confirmar, por escrito, a súa aceptación acompañada do xustificante de pagamento da cantidade de 30 euros que, en concepto de reserva, se deba facer efectiva no talaso asignado.

Cuarto. A Resolución do 7 de maio de 2019 pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de dez días establecido no parágrafo primeiro, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao prazo de dez días mencionado, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019

Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade