Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22744

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2019 pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade.

Con data do 15 de marzo de 2019, publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio para o curso 2019/20.

Tras a avaliación efectuada, e de conformidade co disposto no artigo 12 da dita resolución, a relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas faranse públicas o 10 de maio de 2019 e poderán consultarse nas páxinas web: http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org, así como nos respectivos centros.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas, que se poderá consultar nas páxinas web http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org, así como, nos respectivos centros.

Segundo. As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos seis (6) días posteriores ao da data da exposición pública da dita relación provisional.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2019

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar