Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22989

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de maio de 2019 polo que se fai pública a resolución pola cal se aproba o expediente de información pública do proxecto de fomento da mobilidade sustentable, senda na LU-621, treito A Pobra de San Xiao-Urbanización de Valdriz, coa clave LU/16/251.06.

Con data do 24 de abril de 2019, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da daquela conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 7 de setembro de 2017; Diario Oficial de Galicia do 20 de setembro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito.

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 192, do 8 de outubro de 2018, publicouse o Anuncio do 1 de outubro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de fomento da mobilidade sustentable. Senda na LU-621. Treito A Pobra de San Xiao-Urbanización de Valdriz, coa clave LU/16/251.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. As administracións afectadas emitiron os correspondentes informes e no trámite de información pública formularon alegacións as persoas interesadas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se someteu ao informe das administracións afectadas.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

Terceiro. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade é competente para resolver os expedientes de información pública en materia de estradas e informe das administracións afectadas, de acordo co artigo 4 do Decreto 37/2017, do 6 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Esta competencia está delegada na persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, segundo o artigo 8.1.b) da Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería (DOG núm. 179, do 20 de setembro).

De acordo con todo o exposto, e logo de vistos os informes emitidos polas administracións afectadas e as alegacións presentadas,

Resolvo:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública do proxecto de fomento da mobilidade sustentable. Senda na LU-621. Treito A Pobra de San Xiao-Urbanización de Valdriz, coa clave LU/16/251.06, coas seguintes modificacións:

– Inclúese no proxecto o informe técnico e a valoración da reposición de todos os servizos afectados de Eléctrica Valdriz, S.L.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Láncara deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no cal se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase formular un recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben un recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas