Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme ao Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Agro-Laia, SAT nº 944 XUGA, cancelada de oficio o 23 de abril de 2019, consonte o artigo número 14.2 do Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a súa disolución acordada na asemblea xeral do 11 de abril de 2018.

b) Fontixón, SAT nº 996 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Fontixón, S.L., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 19 de febreiro de 2019.

c) Cachán, SAT nº 997 XUGA, disolta e cancelada por acordos adoptados nas asembleas xerais do 19 e do 20 de marzo de 2019.

d) Casa Menor, SAT nº 1017 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Casa Menor 1614, S.L., constituída ante notario o 4 de xaneiro de 2019.

e) Lola, SAT nº 1030 XUGA, cancelada de oficio o 14 de febreiro de 2019, consonte o artigo número 14.2 do Real decreto 1775/1981, do 3 de agosto, despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a súa disolución acordada na asemblea xeral do 11 de febreiro de 2018.

f) Berdón, SAT nº 1156 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Gandeiría Berdón, S.L., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 31 de xaneiro de 2019.

g) Ganadería Vila de Santaia, SAT nº 1175 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Ganadería Vila de Santaia, S.L., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 31 de decembro de 2018, celebrada ante notario.

h) Baneira, SAT nº 1311 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Gandaría Baneira, S.L., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 29 de novembro de 2018.

i) Floro, SAT nº 1315 XUGA, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 25 de marzo de 2019.

j) Ponce de Oroxe, SAT nº 1319 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Ponce de Oroxe, S.L., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 20 de novembro de 2018.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias