Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22953

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4458/2018).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4458/2018 desta sección, seguido por instancia de Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pizarras Gallegas, S.A.; Mutua Universal Mugenat, Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social número 275, MC Mutual, Germán García Lorenzo e outros, sobre accidente, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que, co rexeitamento do recurso interposto pola Mutua Asepeyo, confirmamos a sentenza que con data do 10.5.2018 foi ditada nos autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Ourense, por instancia de Germán García Lorenzo e pola que se acolleu en parte a demanda formulada.

Así mesmo, condenamos a parte recorrente a que polo concepto de honorarios lle satisfaga setecentos cincuenta euros (750 €) ao letrado da parte recorrida. E, igualmente, acordamos, se é o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase a certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporando o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Pizarras Gallegas, S.A.; Pizarras Vazfer, S.A.; Pizarras Dimaca, S.A.; Excavaciones San Cosme, S.L.; Pizarrasa Intradima, S.L., Pizarras Landoiros y Pebosa, S.A.U., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza