Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 23005

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial de expropiación nas rúas Anido e Manuel Murguía.

Mediante Resolución da Alcaldía nº 1394, do 9 de abril de 2019, acordouse aprobar inicialmente o expediente de expropiación de parte das parcelas afectadas polo sistema local consistente na ampliación e urbanización da vía de conexión da rúa Anido-rúa Manuel Murguía, no Carballo-San Pedro de Nós.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 12 de abril de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente