Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23089

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2019 pola que se conceden axudas da lista de suplentes da convocatoria 2018 do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución da Axencia Galega de Innovación do 30 de outubro de 2018 concedéronse as axudas da convocatoria 2018 do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

De conformidade co disposto nesa resolución, as solicitudes que foron denegadas nela por acadar unha valoración inferior a 64,30 puntos e non dispoñer de crédito suficiente para o seu financiamento, quedaron nunha lista de suplentes, que estará operativa ata o 30 de abril de 2019 para cubrir eventuais renuncias ou minoracións no programa que permitan financiar eses proxectos.

O órgano instrutor das axudas do Programa Conecta Peme 2018 convocadas pola resolución da Axencia Galega de Innovación do 31 de decembro de 2017 (DOG núm. 28, do 8 de febreiro) e resoltas pola Resolución do 30 de outubro de 2018 (DOG núm. 215, do 12 de novembro) informa respecto das axudas concedidas, que ata a data, producíronse as seguintes variacións:

Renuncia do expediente IN852A 2018/53, proxecto con acrónimo B-AXON.

Renuncia do expediente IN852A 2018/49, proxecto con acrónimo CG-KMS.

Renuncia do expediente IN852A 2018/73, proxecto con acrónimo VATSAPP.

Renuncia do expediente IN852A 2018/46, proxecto con acrónimo SATMOTION.

Como consecuencia destas renuncias quedou liberado un crédito total de 1.664.756,07 € na aplicación orzamentaria 09.A3.561A.770.0

Por resolucións do Presidente da Axencia Galega de Innovación estimáronse os seguintes recursos de alzada presentados contra a resolución de concesión das axudas do 30 de outubro de 2018:

Incremento da subvención concedida ao proxecto con acrónimo MODULIGHT, expediente IN852A 2018/79, por importe de 24.698,25 €.

Incremento da subvención concedida ao proxecto con acrónimo IO4COLON, expediente IN852A 2018/13, por importe de 36.000 €.

Concesión dunha subvención ao proxecto con acrónimo NERO, expediente IN852A 2018/47, por importe de 466.313,07 €.

Concesión dunha subvención ao proxecto con acrónimo GEMA, expediente IN852A 2018/14, por importe de 788.478,40 €.

Como resultado destas novas concesións adxudicouse un crédito total de 1.315.489,72 €.

Por outra parte, dentro deste programa de gasto realizáronse algunhas minoracións doutros proxectos concedidos, que permiten ter dispoñible un importe suficiente para financiar soamente ao primeiro dos proxectos que figuraba na lista de suplentes.

De acordo con todo anterior, a proposta do órgano instrutor, e como órgano competente segundo o disposto no artigo 29 das bases reguladoras

RESOLVO:

Conceder a axuda ao primeiro proxecto da lista de suplentes que figura no anexo.

As axudas concedidas imputaranse á aplicación orzamentaria 09.A3.561A.770.0 na que existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», Prioridade de investimento 1.2: «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular, mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes», obxectivo específico: 1.2.1. «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora» e actuación CPSO 1.2.1.7 «Proxectos de innovación aberta para subministrar incentivos á cooperación entre as empresas».

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o `presidente da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019

A directora da Axencia Galega de Innovación
P. A. (Resolución do 16.6.2014, da Presidencia
da Axencia; DOG núm. 127, do 7 de xullo)
Benito Fernández Rodríguez
Director da Área de Xestión

ANEXO

Número de expediente:

IN852A 2018/42

Acrónimo do proxecto:

Melloratun

Título do proxecto:

Aplicación de tecnoloxías emerxentes para o procesado de túnidos

Actividade subvencionada:

Desenvolvemento experimental

Situación da operación:

Vigo

Orzamento subvencionable:

1.006.525,17 €

Importe da subvención:

603.915,10 €

% Feder da axuda: 100 %

Empresa beneficiaria, líder da agrupación:

Automatismos Teinco, S.L.

NIF

B59904466

Outros beneficiarios

Tecingal Noroeste, S.L.

NIF

B36533917

Hermasa Canning Technology, S.A.

NIF

A36608800

Data inicio do proxecto:

12.3.2018

Data remate do proxecto:

31.8.2020

Valoración do proxecto:

64.00

Contribúe á ITI Azul:

Si

Desagregación por beneficiarios

Empresa líder:

Automatismos Teinco, S.L.

2018

2019

2020

Total

Intensidade da axuda

Orzamento subvencionable

223.480,58 €

189.856,65 €

413.337,23 €

60 %

Importe da subvención

0,00 €

134.088,35 €

113.913,99 €

248.002,34 €

Empresa:

Tecingal Noroeste, S.L.

2018

2019

2020

Total

Intensidade da axuda

Orzamento subvencionable

159.522,38 €

94.559,15 €

254.081,53 €

60 %

Importe da subvención

0,00 €

95.713,43 €

56.735,49 €

152.448,92 €

Empresa:

Hermasa Canning Technology, S.A.

2018

2019

2020

Total

Intensidade da axuda

Orzamento subvencionable

225.456,80 €

113.649,60 €

339.106,40 €

60 %

Importe da subvención

0,00 €

135.274,08 €

68.189,76 €

203.463,84 €