Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT, CT e RBT Cortiñas-Toimil no concello de Paradela (expediente 03/2017-AT).

Con data do 8 de marzo de 2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorga á empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., a autorización administrativa previa e de construción, e declara a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Cortiñas-Toimil, no concello de Paradela.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo á presente resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello de Paradela, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 9 de xaneiro de 2019, no Diario Oficial de Galicia do 11 de xaneiro de 2019, e no BOP de Lugo do 23 de xaneiro de 2019, para que comparezan o día 30 de maio de 2019 no concello sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Paradela estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidera realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 29 de abril de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados LMT, CT e RBT Cortiñas-Toimil

Propietario

Parcela

Apoio

Afeccións

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

m2

ml aéreos

m2 aéreos

Nome e apelidos

Pol.

Parc.

7

Divina Díaz Díaz

12

173

Tras do Ferrao

Labor

3 (1/2)

1.0

89.0

1.240.0

8

María Irene Pérez Arias e María Carmen Pérez Arias

12

159

Tras do Ferrao

Labor

4 (1/2)

1.0

73.0

1.010.0