Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23290

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (91/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 91/2017 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Covelo Crendes, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza:

A Coruña, 11 de abril de 2019

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 91/2017 sendo parte nel, dun lado como demandante Junior José Valter Calvalho Gomes, representado polo letrado Rubén Vázquez Rodríguez, e como demandados Covelo Crendes, S.L., non comparece, Administración Concursal Covelo Crendes Enma Miranda Varela e Fogasa que non comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Antecedentes de feito:

Primeiro. Pola parte demandante presentouse demanda que por quenda correspondeu a este xulgado do social número dous da Coruña, en que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que estimou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decidimos:

Que, estimando a demanda interposta por Junior José Valter Calvalho Gomes, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Covelo Crendes, S.L., en situación de concurso, a que aboe ao demandante 10.837,46 €, máis os xuros do 10 % por demora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar resgardo acreditativo de consignar a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que, na mesma data da sentenza, deposítase na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Covelo Crendes, S.L., Covelo Crendes, S.L., (A Boa Estrela), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle as destinatarias que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza