Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23365

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre o anuncio de estudo de detalle en terreo sito no ámbito do Paseo da Xunqueira, 37–Redondela (referencia catastral 2313506NG3821S0001SJ) (expediente 6367/2018).

Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local, en acordo adoptado o 11 de abril de 2019, o estudo de detalle promovido pola mercantil Lugar das Cabritas, S.L., representada por Purificación Couñago Taibo, en terreo sito no ámbito do Paseo da Xunqueira, 37, Redondela (referencia catastral 2313506NG3821S0001SJ), de acordo co documento do estudo de detalle asinado en febreiro de 2019 pola arquitecta Ana I. Domínguez Salgado.

De conformidade co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 194 do Regulamento da Lei 2/2016, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública, mediante a publicación deste anuncio do xornal Faro de Vigo e no Diario Oficial de Galicia, durante o prazo de dun mes contado a partir do día seguinte ao da última publicación. Durante este prazo calquera interesado/a e público en xeral poderá facer as alegacións que xulgue procedentes.

O expediente pódese consultar desde o día seguinte ao da primeira das publicacións, nas oficinas de Urbanismo da Casa do Concello, en horario laborable, das 9.00 ás 14.00 horas, e na web do Concello de Redondela www.redondela.gal. Área de Urbanismo, Planeamento e Desenvolvemento.

Redondela, 11 de abril de 2019

Javier Bas Corugeira
Alcalde