Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23429

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa da segunda oportunidade das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 144, do 30 de xullo).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.6, ao abeiro da Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa da segunda oportunidade das persoas autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341T).

Convocatoria: Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa da segunda oportunidade das persoas autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 144, do 17 de xullo).

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Finalidade: TR341T Programa de segunda oportunidade a través da aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.6:

Persoa beneficiaria

Concedido (2018)

Álvarez de Mon Rego, Pedro

3.000,00

Balebona Piñeiro, Ventura

3.210,00

Bello Romero, Concepción

3.000,00

Carral Vázquez, Benito

4.125,00

Couto Picos, Antonia

3.120,00

Navia Lorenzo, María

3.750,00

Pagán Garza, Marta

3.000,00

Periscal Pereira, Juan Carlos

3.000,00

Quintás González, José

3.000,00

Vázquez Regal, Xurxo Ánxel

3.300,00