Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23491

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2018 e primeiro cuadrimestre de 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, y para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2018 e primeiro cuadrimestre de 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Calidade
Alimentaria no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2018
e primeiro cuadrimestre de 2019.

Convenio

Importe
económico (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre Extraco, S.A. e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) para a colaboración no marco do proxecto Tecnoloxías de optimización da xestión de infraestruturas críticas para a prevención de incendios forestais-Topacio

14.520 €

7.6.2018

Contrato para o proxecto Ahgaves (Alimentos horta galega para vellez saudable), presentado á convocatoria do programa Conecta Peme, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

10.000 €

6.7.2018

Contrato para o proxecto Gestalgar (Xestión integral das algas de arribazón en Galicia. Valoración por compostaxe biolóxica), presentado á convocatoria do programa Conecta Peme, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Intacta Sección Ambiental, S.L.)

25.000 €

6.7.2018

Contrato para o proxecto Gestalgar (Xestión integral das algas de arribazón en Galicia. Valoración por compostaxe biolóxica), presentado á convocatoria do programa Conecta Peme, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Ecocelta, S.L.)

29.400 €

6.7.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Monte do Gozo para mellorar a capacitación e reinserción dos mozos e mozas na actividade agraria

27.766 €

15.11.2018

Convenio de colaboración entre o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria para a xestión conxunta de recursos electrónicos de información científica

32.422,44 €

17.12.2018

Convenio de colaboración en investigación, desenvolvemento tecnolóxico, innovación e formación entre a Universidade Autónoma do Estado de México a través do Instituto de Ciencias Agropecuarias e Rurais e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Xunta de Galicia

Non

18.2.2019

Convenio da Universidade da Coruña coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) para a realización de prácticas externas extracurriculares do estudantado da universidade

Non

12.3.2019

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de todas as titulacións oficiais de grao e máster universitario impartidas na Universidade de Santiago de Compostela

Non

20.3.2019