Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23722

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 21 de marzo de 2019 polo que se dá publicidade á resolución do mesmo día sobre selección de persoal para a cobertura temporal de diversos postos de traballo.

De conformidade co establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral o do sector público autonómico de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 20.1.g) dos seus estatutos, o Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A., do 21 de marzo de 2019,

Resolve:

Primeiro.

Proceder á cobertura con carácter temporal de determinados postos de traballo do cadro de persoal da empresa mediante o procedemento de apertura, publicidade, baremación, elaboración de listaxes e posterior chamamento de candidatos por orde de puntuación.

Segundo.

Abrir un prazo para a inscrición nas seguintes listaxes.

• Titulados superiores: Bioloxía/Veterinaria.

• Analistas de laboratorio: técnico superior (FP2 ou equivalente)-analistas de laboratorio.

• Auxiliar de laboratorio: técnico medio de FP de especialidades de laboratorio ou equivalentes.

Terceiro.

Documentación que teñen que presentar os interesados.

O proceso de cualificación dos candidatos axustarase ao disposto nas bases específicas que para cada categoría profesional están publicadas no perfil do contratante da web de Xenética Fontao, S.A. http://www.xeneticafontao.com/perfil.php

Os candidatos, deberán achegar a documentación que para cada categoría profesional se recolle na epígrafe «Documentación que hai que presentar» das correspondentes bases específicas.

Cuarto. Lugar e prazo de presentación

As solicitudes dirixiranse ao director-xerente de Xenética Fontao, e a súa presentación poderase facer:

– Nas oficinas de rexistro de Xenética Fontao, sitas no lugard de Fontao-Esperante, 27210 Lugo, de luns a venres, en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

– Nas oficinas do organismo estatal de Correos mediante correo certificado con acuse de recibo (debendo, neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, remitir vía fax, ao número 982 28 46 26, a acreditación da dita presentación, que comprende tanto o xustificante acreditativo do envío que entrega ao cliente o organismo estatal de Correos como a copia da solicitude ao proceso de selección).

O prazo de formulación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Proceso e comisión de selección

A baremación das solicitudes efectuaraa, de acordo coas bases específicas correspondentes a cada categoría, unha comisión de selección presidida polo director xerente de Xenética Fontao, S.A. e formada polas dúas direccións técnicas/xefaturas de área da empresa.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A.