Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23876

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro).

En sesión que tivo lugar o día 9 de maio de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 26 de outubro de 2018 (DOG núm. 215, do 12 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar na súa totalidade as reclamacións presentadas en relación coas puntuacións do primeiro exercicio.

Segundo. Convocar a persoa aspirante que, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, non acreditou estar en posesión do Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Aspirante convocado:

Apelidos e nome

NIF

Álvarez Espejo, Iván

***7710**

Terceiro. Este segundo exercicio da fase de oposición terá lugar na sala D da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio da pirámide - San Caetano) en Santiago de Compostela o día 21 de maio de 2019 en chamamento único ás 11.30 horas.

O exercicio constará de dúas probas: unha primeira, de tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal, e unha segunda, de tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal. O exercicio terá unha duración máxima dunha (1) hora.

A persoa aspirante deberá ir provisto de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2019

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal