Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 24 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo no expediente PR204A 2019/291-2 e nove máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xuridica en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirxido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70,1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promova de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 24 de abril de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/Pasaporte

Resolucion

PR204A2019/291-2

X4930342Q

Denegatoria do dereito

PR204A2019/411-2

76580012V

Denegatoria do dereito

PR204A2019/636-2

Y4852489D

Denegatoria do dereito

PR204A2019/681-2

76570563K

Denegatoria do dereito

PR204A2019/717-2

33315379V

Denegatoria do dereito

PR204A2019/731-2

34636818Z

Denegatoria do dereito

PR204A2019/758-2

546561808

Denegatoria do dereito

PR204A2019/761-2

76624208F

Denegatoria do dereito

PR204A2019/1081-2

10485365X

Denegatoria do dereito

PR204A2019/1116-2

33825251W

Denegatoria do dereito