Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 24003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución na zona de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

En cumprimento do disposto polo artigo 37 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia e a Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar a toma de posesión provisional dos novos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria da zona do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense) con data do 20 de marzo de 2019.

As datas para tomar posesión dos predios son as seguintes:

1. Para terreos de prado, pasteiro, labradío sen colleita e monte, o día 3 de xuño de 2019.

2. Para os restantes terreos, no momento, en que segundo a costume, se retiren as colleitas actuais.

Para o caso de que se pretenda retirar arboredo, a data límite é o día 4 de setembro de 2019, e debe contarse co preceptivo permiso do Servizo de Montes; o aproveitamento xestionarase con suxeición ao establecido no Decreto 50/2014, do 10 de abril, e na Orde do 20 de abril de 2018, que modifica os seus anexos II, III e VI.

(Información no enderezo https://mediorural.xunta.gal/es/areas/forestal/ordenación/distritos/)

No prazo de dous meses contados a partir do seguinte á data establecida para a posta á disposición dos predios, poderase reclamar por defecto de superfice nos predios atribuídos xuntando unha medición pericial asinada por técnico competente, sobre diferenzas de superficie superiores a unha marxe de tolerancia variable entre a medición in situ e a que conste no boletín de atribucións dos novos predios, conforme o disposto no antedito artigo 37.

Importante. As persoas propietarias das parcelas de achega deben permitir aos titulares dos novos predios o acceso a eles para proceder no prazo dos dous meses enriba sinalado a medilos.

Debe terse en conta que:

1. A falta de superficie dun predio non será compensada cando exista exceso de superficie no conxunto dos predios atribuídos ao mesmo propietario e esta sexa suficiente para compensar en valor de puntuación o conxunto das atribucións.

2. A falta de superficie en terreos de núcleo rural (total ou parcialmente) será compensada nesta mesma clase. No caso de non existir dispoñible terreo deste tipo e o mesmo titular ter exceso de superficie en terreos doutra clase, a compensación farase sobre os ditos terreos.

3. Non se admitirá reclamación no caso de que o predio obxecto dela coincida exactamente, na súa delimitación cartográfica, coa parcela achegada polo mesmo titular.

4. Impedir ou obstaculizar a toma de posesión é considerada unha infracción moi grave (artigo 90 da Lei 4/2015) sancionada con multa de 1.501 a 6.000 euros.

5. Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a toma de posesión poderá darse, logo de apercibimento, mediante compulsión directa sobre a/s persoa/s que o impidan.

6. Os planos do acordo e as coordenadas dos marcos están acesibles na internet na páxina web da Consellería do Medio Rural no enderezo:

http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/concentraciónsparcelarias/publicacions

Ourense, 10 de maio de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense