Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23865

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2019 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda dos obradoiros Industria 4.0.

Mediante Resolución do 21 de decembro de 2018 (DOG núm. 11, do 8 de xaneiro de 2019), publicáronse as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0, procedéndose á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2019, por trámite anticipado de gasto.

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 12 das ditas bases reguladoras, están analizándose as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas en solicitude de obradoiros.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que carecen dalgún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 12.2 das bases reguladoras dispón que de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda realizarase preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

Os requirimentos obxecto da presente resolución non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de obradoiros cuxos expedientes deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo I a esta resolución.

Segundo. Habilitar un prazo de 10 días naturais para que os requiridos accedan á Oficina Virtual do Igape desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no enderezo www.tramita.igape.es, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para acceder ao requirimento individualizado de emenda. Entenderase rexeitado cando transcorresen dez días naturais desde á posta a disposición do requirimento sen que se aceda ao seu contido.

Terceiro. Establécese un prazo de dez días hábiles para achegar a documentación sinalada, contados a partir do día hábil seguinte ao acceso ao requirimento individualizado, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición no caso de non acceder ao seu contido.

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, teráselle por desistido na súa petición ao solicitante e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG239.2019.1.2

Fundación Santiago Centro, Área Comercial

G15926496

IG239.2019.1.5

Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)

G36615219

IG239.2019.1.6

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca

F15156557

IG239.2019.1.9

Asociación de Empresas de Tecnología de Galicia

G36969525

IG239.2019.1.10

Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)

G36615219

IG239.2019.1.11

Asociación de Industrias Culturales de la Provincia de Ourense

G32479446

IG239.2019.1.12

Asociación de Empresarios del Producto Gourmet

G32471492

IG239.2019.1.13

IEN por Europa

G70109491

IG239.2019.1.14

Asoc. Empresarios Terra de Melide

G15246093

IG239.2019.1.15

Fundación Cupa

G32458713

IG239.2019.1.16

Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)

G36615219

IG239.2019.1.17

Anfaco

G36625309

IG239.2019.1.19

Asociación de Fabricantes de Cerveza Artesanal de Galicia

G32485971

IG239.2019.1.20

Asociación para o Desenvolvemento Turismo Calidade Comarca de Ortegal

G15873037

IG239.2019.1.21

Asoc. Empr. Ferrolterra

G15366693

IG239.2019.1.22

Asoc. Empres. Mediana Pequeña Empr. Pontev.

G36011278

IG239.2019.1.23

Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo

G27030915

IG239.2019.1.25

Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)

G36615219

IG239.2019.1.26

Confederación Industrias Textiles de Galicia

G36681039

IG239.2019.1.27

Confederación Industrias Textiles de Galicia

G36681039

IG239.2019.1.35

Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza

G70408539

IG239.2019.1.36

Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia

G70063029