Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 24 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2019008TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O día 9 de abril de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2019008TA-LU, incoado á persoa titular do DNI 33558984Y.

Intentouse notificar a resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, por lo que, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a persoa interesada o contido da citada resolución.

En caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. Os prazos serán os seguintes:

1. As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

2. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non pon fin á vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 24 de abril de 2019

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2019008TA-LU.

DNI da persoa interesada: 33558984Y.

Último enderezo coñecido: rolda Músico Xosé Castiñeira, 38, 27002 Lugo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: disposición adicional terceira e artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: setenta e cinco euros (75,00 €).