Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24376

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3801/2017).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3801/2017 desta sección, seguido por instancia de Alcides Antonio Filgueira e outro contra o Fogasa e outros, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo: aceptar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Fondo de Garantía Salarial contra a Sentenza do 14 de novembro de 2017 ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso de suplicación núm. 3801/2017, formulado fronte á Sentenza do 7 de xullo de 2017, ditada nos autos 1108/2016 polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, seguidos por instancia de Alcides Antonio Filgueira Fernández e Cipriano Miguel Correia Gonçalves contra a empresa Eurolinings, S.L. e a súa administradora concursal Dula Ana Escobedo Sela, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento. Casamos e anulamos a sentenza contra a que se recorre, e declaramos a limitación da responsabilidade do Fogasa nos salarios percibidos polos traballadores accionantes ata a data do seu cesamento efectivo na empresa. Sen custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e se asina».

E para que lle sirva de notificación en forma legal a Eurolinings, S.L., actualmente en paradoiro ignorado, con último domicilio en Vigo, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza