Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de maio de 2019 polo que se somete a información pública o proxecto sectorial para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo.

De conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública o proxecto sectorial para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a dita documentación, en horario de oficina, nas dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sitas no polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, en Santiago de Compostela, e no Concello de Vigo, e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que xulgue pertinentes. Así mesmo, a documentación poderase consultar na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal).

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo