Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24720

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dunha experiencia piloto para a creación dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, e se convocan incentivos para as empresas para formación e contratación de mozas e mozos neses sectores (Diario Oficial de Galicia número 161, do 25 de agosto de 2017).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 20 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, por delegación do conselleiro,

RESOLVO:

Ordear a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo a aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308, ao abeiro da Orde do 11 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dunha experiencia piloto para a creación dun programa a prol da contratación e formación de persoas mozas nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, e se convocan incentivos para as empresas para formación e contratación de mozas e mozos neses sectores (Diario Oficial de Galicia número 161, do 25 de agosto).

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

TR349T Programa Piloto de contratación e formación xuvenil

Entidade beneficiaria

Concedido (2017)

Aplicación orzamentaria

Adagal Sistemas, S.L.

7.000,00

09.40.322C.470.3

Aldaba Servicios Profesionales, S.L.

7.000,00

09.40.322C.470.3

Apprenta Solutions, S.L.

7.000,00

09.40.322C.470.3

Cinfo, Contenidos Informativos Personalizados

7.000,00

09.40.322C.470.3

Congelados Noribérica, S.A.

28.000,00

09.40.322C.470.3

Dinahosting, S.L.

14.000,00

09.40.322C.470.3

Imatia Innovation, S.L.

28.000,00

09.40.322C.470.3

Mr Turismo Marketing en acción, S.L.

7.000,00

09.40.322C.470.3

Nac-Intercom, Soluciones de Comunicación, S.L.

7.000,00

09.40.322C.470.3

Optare Solutions, S.L.

7.000,00

09.40.322C.470.3

Sedia Innovación Agroalimentaria, S.L.

7.000,00

09.40.322C.470.3

Syspro Ingeniería

7.000,00

09.40.322C.470.3