De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do 17 de abril do 2019 relativo ao Centro xestor de vehículos ao final da súa vida útil, no parque empresarial de Quiroga, concello de Quiroga, promovido por Desguaces Quiroga, S.L.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 17 de abril do 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático