Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de acondicionamento de parcela para a ampliación de almacenamento de VFU no lugar de Paraxes, na parroquia de Fomiñá, no concello da Pastoriza (clave 2018/0227).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 24 de abril de 2019 do proxecto de acondicionamento de parcela para a ampliación de almacenamento de VFU no lugar de Paraxes, na parroquia de Fomiñá, no concello da Pastoriza (Lugo), promovido pola empresa Grupo Automoción As Granxas, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático