Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 11 de abril de 2019 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Pel I, Acuña I e Acuña IV.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas Pel I, Acuña I e Acuña IV e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 15 de marzo de 2019, Antonio Acuña Paredes e Celia Paredes Pequeño solicitaron autorización para a transmisión das concesións administrativas e das bateas Pel I, Acuña I e Acuña IV.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Marcelino Acuña, S.A. (A36004364), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Pel I.

Situación:

Cuadrícula nº: 4.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 16.6.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Celia Paredes Pequeño (***9021**) e Antonio Acuña Paredes (***9049**).

Novo titular: Marcelino Acuña, S.A. (A36004364).

Tipo: batea.

Nome: Acuña I.

Situación:

Cuadrícula nº: 38.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 30.9.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Celia Paredes Pequeño (***9021**) e Antonio Acuña Paredes (***9049**).

Novo titular: Marcelino Acuña, S.A. (A36004364).

Tipo: batea.

Nome: Acuña IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 68.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 5.2.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Celia Paredes Pequeño (***9021**) e Antonio Acuña Paredes (***9049**).

Novo titular: Marcelino Acuña, S.A. (A36004364).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular das concesións queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 11 de abril do 2019

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
A xefa territorial de Vigo
P.D. de sinatura (Resolución do 26.9.2017)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Recursos Mariños